Che Tembra forxa debuxos de Díaz Pardo nunha nova mostra na Pobra

08 Marzo 2023

Ferro e madeira fusiónanse de igual maneira que Isaac Díaz Pardo e Che Tembra na nova mostra que
acubilla a casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal.
Unha serie de 23 pezas nas que o artista rianxeiro forxa debuxos dunha das figuras clave da cultura galega contemporánea, ademais de incluír creacións propias.
Predominan as formas humanas e unha minuciosa captación do movemento como sucede en 20 desnudos de Cecilia la acróbata ou As tres gracias, sempre con detalles que sinalan as mans de quen estivo na fragua.
A inauguración celebrouse na tarde do 7 de marzo, con Barahúnda encargada do toque musical do acto. En palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), “a artesanía prosegue erixíndose
como a protagonista nesta dependencia municipal, pois anteriormente expuxo as súas tallas un veciño desta localidade.” Con relación a isto, fixo mención especial ao valor “do feito á man, con mestría” como se constata nesta nova exposición que permanecerá ata o 7 de abril e que leva “o inconfundible selo de Tembra”, quen soubo fusionar dous oficios, o de ferreiro e o de artista, “co mesmo aloumiño e precisión que se empregan na metalurxia.” Neste senso, Lojo gabou a súa traxectoria e implicación na
vida cultural da comarca. Aludiu, polo tanto, ao significativo de que nesta ocasión renda tributo a un intelectual da dimensión de Díaz Pardo.
A edil reivindicou a importancia de estimula-la creación e xestión cultural, razón pola que o Concello seguirá apoiando o talento ao tempo que se difunde o traballo de artistas consagrados/as e noveis, establecendo sinerxías con outras entidades coma, nesta ocasión, coa A.C. Barbantia, representada por Pilar Sampedro, quen compartiu co público a súa impresión sobre Che Tembra no momento no que se coñeceron anos atrás con motivo dun evento promovido polo colectivo cultural barbanzá.

Tamén se referiu á biografía e traxectoria artística de Díaz Pardo, na que influíron creadores como Seoane. “Se na cabeza de Isaac cabe Galicia enteira, na de Che cabe ese recoñecemento ao país, a quen constrúa a nación”, apuntou.
Pola súa parte, o protagonista trasladou o agradecemento polo apoio e desexou que as persoas asistentes desfrutasen da arte alí exhibida.
A sala permanece aberta ao público de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00

horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...