O mércores estará marcado polo paso dunha fronte activa entrando polo oeste da Comunidade durante a madrugada. O día será de ceos cubertos con chuvias localmente fortes e máis persistentes ao oeste. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. O vento soprará do suroeste, moderados con refachos fortes en terra e con intervalos fortes no litoral noroeste.

O noso mar: Vento do sudoeste, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:35 | 3.7 m |
| Baixamar | 10:47 | 0.6 m |
| Preamar | 16:54 | 3.6 m |
| Baixamar | 22:52 | 0.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:28 | 3.7 m |
| Baixamar | 10:39 | 0.7 m |
| Preamar | 16:46 | 3.5 m |
| Baixamar | 22:44 | 0.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:32 | 3.7 m |
| Baixamar | 10:43 | 0.6 m |
| Preamar | 16:49 | 3.5 m |
| Baixamar | 22:48 | 0.7 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



