Lousame despide ás voluntarias turcas de European Solidarity Corps cun emotivo acto de homenaxe

07 Marzo 2023

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presidiron este sábado 4 de marzo o acto de despedida das dúas voluntarias turcas, Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, que participaron durante os dez últimos meses no programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps.

O acto celebrouse na tarde/noite deste sábado e colleu por sorpresa a ambas as dúas voluntarias, que volverán a Turquía o próximo luns 13 de marzo, xusto despois da Andaina Solidaria en beneficio de Turquía e Siria proposto e organizado por elas.

Teresa Villaverde e Cristina Pichel fixéronlles entrega a Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas dos certificados Youthpass, un instrumento de recoñecemento europeo que sirve para identificar e recoñecer os resultados da aprendizaxe adquiridos durante os dez meses que estiveron en Lousame.

Villaverde Pais salientou que “son unhas rapazas moi educadas e amables, que nunca dixeron non a ningunha das actividades que se lles propuxeron e que se fixeron querer aló por onde estiveron en contacto cos veciños e veciñas de Lousame”. Así mesmo, diante da situación difícil que se vive na súa Turquía natal, asegurou que “estamos aquí para o que poidamos axudar”.

Lousame, referencia en Galicia en voluntariado

Pola súa banda, Cristina Pichel felicitounas “por ese compromiso de ser unhas veciñas máis, por ser quen de integrarvos na nosa comunidade e ver como hoxe son eles quen agradecen o voso traballo”. Ademais, destacou que “fixestes moitísimas cousas e todos os veciños e veciñas estarán encantados de volver a acollervos”. Finalmente, Pichel tivo palabras de recoñecemento para o Concello de Lousame porque “non é fácil facer estes programas. Sodes unha referencia en Galicia. Así o dixemos no Congreso Galego de Voluntariado e penso que tendes que servir de exemplo para outros Concellos, para que sexan conscientes de que é moito máis o que se recibe que o que se dá”.

Finalmente, o técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, destacou o traballo realizado nestes dez meses por Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, ao tempo que lembrou que “Lousame é un dos poucos municipios de Galicia que xestiona programas de Voluntariado Europeo, sendo ao mesmo tempo entidade de envío como de acollida de voluntariado. De momento non enviamos a ninguén de Lousame a Europa, pero aproveito para animar aos presentes a que lle dean unha volta a esta oportunidade”.

Agradecemento

Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas estiveron moi emocionadas durante todo o acto, pois pensaban que era unha despedida co persoal municipal e atopáronse con máis dun cento de persoas coas que estiveron en contacto durante a súa estancia en Lousame. Ezgi Alkaya asegurou que “vir aquí foi moi agradable. Foi un pracer coñecervos, síntome moi feliz e moi emocionada” e agradeceu estar entre “xente tan acolledora que me fixeron sentir coma na casa. Grazas de corazón”, Así mesmo, destacou a súa estadía en Galicia: “Estou moi agradecida polo que vin, polo que comín e polas amizades que levo comigo. Estarei sempre pensando no bonita que é a posta de sol en Galicia. Galicia calidade”.

Por su parte, Ülkü Kosdas asegurou que Galicia lle serviu para lembrarse moito da súa nenez: “Marcharei con moi bos recordos de aquí. Grazas a todos en especial a Outeiral”, co fundiu nunha aperta sobre o escenario.

Agasallos

O Youthpass non foi o único agasallo que levaron Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas. A concelleira de Mocidade e Igualade, Silvia Agrafojo, entregoulles senllas figuras de Sargadelos, mentres que dende o grupo O Son do Pote e as pandereteiras da Aula Sénior da UNED quixeron colaborar no acto poñendo a súa música e entregándolles sendos poemas escritos por unha veciña do municipio. A maiores, agasalláronas con varios cadros da estancia de Ezgi e Ülkü en Galicia, obra de Juan Carlos Lorenzo.

O Concello de Lousame é un dos poucos municipios de Galicia que xestiona programas de Voluntariado Europeo, sendo ao mesmo tempo entidade de envío como de acollida de voluntarios/as. En 2017 iniciou este camiño coa acollida de dúas voluntarias, a francesa Lucíe Rimasson e a rusa Anna Uvarova (presente no acto de hoxe); entre 2018-2019 contaron coa colaboración da ucraína Oksana Kalinicheko e a rusa Iuliia Bautdinova; mentres que a persoa que ía participar no programa de 2020 volveu á súa terra natal xa que a súa chegada coincidiu co inicio dos meses de confinamento pola Covid-19. No 2021 contaron coa colaboración doutras dúas voluntarias turcas, Ebru Karaca e Dilara Güven.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.