O Rotogal Boiro Voleibol perde a categoría tras caer na cancha do Vóley Palma

04 Marzo 2023

A derrota padecida ante o Club Vóley Palma (3-0) conleva o descenso do Rotogal Boiro Voleibol. Os da Cachada careceron de regularidade nos dous primeiros sets ante un adversario que necesitaba o triunfo para certificar a permanencia na máxima categoría. O conxunto de Emilio Palacio mellorou na terceira manga, pero non puido evitar caer en Son Moix.
O partido comezou mal para os boirenses. Nun primeiro set no que cometeron moitos erros tanto en ataque como, en momentos clave, no saque, os visitantes pagaron a regularidade ante un adversario que acabou escapándose no marcador para pechar a manga cun claro 25-17 ao seu favor.
No segundo parcial, o Palma comezou con máis acerto que un Rotogal Boiro Voleibol que, grazas ás
boas prestacións de Gaby do Carmen no saque, agarrouse ao partido. Con todo, os erros ofensivos dos visitantes e a boa achega de Renzo Cairús e Tom Liot por parte dos locais volveron poñer as cousas costa arriba para os de Emilio Palacio. A contundencia no bloqueo dos mallorquinos decantou a balanza para o seu lado (25-15).
O Rotogal Boiro Voleibol, apoiado no excelente rendemento ofensivo de Gaby do Carmen, elevou o ton competitivo no terceiro parcial. Os da Cachada competiron de ti a ti #ante un adversario que acabou inclinando a balanza ao seu favor por un axustado (25-23) despois de que, ademais, os árbitros tomasen algunha decisión polémica en contra dos galegos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.