O PP celebra as novas 19 prazas fixas por concurso de méritos coas que a Xunta “reforza a atención médica no Barbanza”

02 Marzo 2023

O Partido Popular da nosa comarca emitiu un comunicado no que agradeceu, a través dos candidatos da agrupación para as vindeiras eleccións municipais (candidatos de Noia, Muros, Rianxo, Ribeira, Boiro e a Pobra do Caramiñal), “o esforzo realizado pola Xunta de Galicia para ofertar 17 prazas fixas por concurso de méritos coas que o Goberno autonómico pretender reforzar a atención médica na comarca do Barbanza”.

En concreto, lembran, “a oferta incluirá unha praza de médico de familia e outra de pediatra no Centro de Saúde de Noia e unha praza de médico de familia en Muros na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que se aprobará nos vindeiros días”. Ademais, nesta comarca tamén se estabilizarán con esta convocatoria outra praza de pediatra en Mazaricos. Igualmente, engade a agrupación reforzase a área sanitaria con 15 prazas de especialidades no Hospital de Barbanza: 4 de medicina interna, 2 de pediatría, 2 de saúde mental, 2 de análises clínicos, 1 de xinecoloxía, 1 de traumatoloxía, 1 de radiodiagnose, 1 de anestesia e un de hospitalización a domicilio.

Este concurso, que se convocará nos vindeiros días, inclúe tamén tres prazas de pediatría, 1 en Rianxo, 1 en Ribeira e outra en Boiro e 8 prazas de médico de familia, 3 en Boiro, 2 en Ribeira, 2 en Rianxo e 1 na Pobra do Caramiñal.

Esta convocatoria de máis de 400 prazas, avanzada este mes polo Presidente Rueda, realizarase a través da Lei 2/2022 de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o pasado outubro no Parlamento co voto en contra de BNG e PSdeG.

Os populares do Barbanza recordan que esta lei incentiva a cobertura destas prazas “ao ofrecer o maior nivel de estabilidade laboral, obtendo unha praza fixa en propiedade, cun sistema de acceso máis sinxelo e áxil: un concurso de méritos que non require exame de oposición e que se resolve nuns meses”.

Os candidatos agradeceron no comunicado “o compromiso do Goberno autonómico” e “lamentaron a postura de PSdeG e BNG” lembrando que, se por eles fora, “non se podería realizar este proceso e cubrir esta praza”. No mesmo sentido, criticaron aos alcaldes por “encabezar protestas e reclamacións de máis persoal sanitario mentres o seu partido vota en contra das solucións”. Trátase, puntualiza o PP do Barbanza, “dunha postura partidista que só se explica desde o intento de sacar rédito electoral dos problemas de déficit de médicos de familia e pediatras que existen en toda España, ata o punto de intentar boicotear medidas innovadoras da Xunta como este concurso”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.