
A fachada noroeste da península Ibérica ten unha extensión litoral de 2.560 quilómetros. Aquí faenan a cotío máis de 4.500 barcos de pesca, cuxo labor pode verse moi afectado pola instalación antes de 2030 dun cinto de aeroxeradores eólicos mariños que se vertebran en oito polígonos a establecer desde as Rías Baixas ata Xixón, con macroproxectos que rexeitan a totalidade de confrarías de pescadores de Galicia a Euskadi: A demarcación mariña noratlántica ou, o que é o mesmo, a totalidade da superficie mariña que abrangue desde a fronteira de Galicia con Portugal, no río Miño, ata Euskadi. Ao sur desta zona hai unha liña de continuidade que ér a que segue Portugal nun proceso máis cobizoso que aquel que España proxecta na súa primeira fase deseñada.
Este vai ser o gran protagonista do Consello de Ministros a celebrar o vindeiro martes, por canto o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vai presentar un documento que estabelece as zonas que poderán ser explotadas nas costas españolas para a produción de enerxía eólica mariña, Este documento contempla a construción de límite no mar, ata o de agora considerado como un espazo aberto.
O mapa significativo constata constata o grao de implicación do mesmo para o sector pesqueiro, as empresas enerxéticas, sociedades científicas e organizacións ecoloxistas, caladoiros de pesca, marxes empresariais para a produción de enerxía, intereses militares e mesmo a conservación da diversidade biolóxica como eixos do debate.
O proxecto dado a coñecer por España desde o comezo desta etapa eólica non vai esperimentar, probablemente, cambios importantes, pero sí se ampliarán ao menos catro plataformas de aeroxeradores mariños: a suratlántica, a do Estreito e Alborán, a Levantino-Balear e a Canaria.
Todo isto, tendo en conta que o sector pesqueiro do caladoiro Cantábrico-Noroeste denuncia agravios para as capturas a realizar polas súas frotas e as confrarías preséntanse unidas nunha plataforma que tenta ser unha fronte común coa que defender oa seus intereses. Unha asociación transversal como nunca na historia recente se ten feito e que conta co apoio de sociedades científicas e organizacións ecoloxistas. Os pescadores loitan coa idea de protexer un sector que na maior parte de Galicia pode acadar a ser ata dun 30/ do Produto Interior Bruto (PIB).
Científicos e ecoloxistas optan pola preservación de espazos fundamentais para a biodiversidade, mentres que o Ministerio para a Transición Ecolóxica da a entender que non se vai eliminar ningún dos oito polígonos previstos (se ben algñuns reduce a súa superficie): NOR-1, NOR-2, NOR-3. NOR-4 e NOR-5, todos eles no Atlántico e o Cantábrico., afectando sensiblemente a Galicia, onde algunhas zonas, especialmente a NOR-2, figura unha área recoñecida como de “alto potencial de conservación de biodiversidade” (en augas de responsabilidade nacional e autonómica galega) e a NOR-7 e NOR-8 (fronte ás costas asturianas) consideradas “de uso prioritario de proteción da biodiversidade”.
No ano 2030 a Folla de Ruta da Enerxía Eólica Mariña e doutras Enerxías do Mar prevé unha produción de 3 xigavatios (GW), c ase a mesma potencia xa instalada nos montes galegos.
O polígono NOR-1, situado a pouco máis de 20 quilómetros da desembocadura do río Miño e o máis perto do Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, afecta á pesca de enmalle, arrastre e palangre ao suroeste das Illas Cíes. Estas artes veríanse comprometidas e reducirían a algo menos da metade os 593,69 quilómetros cadrados inicialmente previstos. O NOR-2, ao norte de Ferrol, tiña estimada inicialmente unha superficie de 2.361,89 quiilómetros cadrados (aproximadamente 264.432 c ampos de fútbol xuntos, ou case que as terceira parte da provincia da Coruña, unha das zonas do Estado que máis vento rexistra e un dos puntos clave da migración de aves uuropeas). Tampouco reducirá o seu tamaño o NOR-4, situado fronte á Estaca de Bares, concello coruñés de Mañón.



