
Xa, Xa se cumpriu o primeiro ano da guerra da guerra que Putin dixo non ser súa e Zelenski combate. Un mpor Rusia, outro por Ucraína.
Foi, sí, o 24 de febreiro de 2022 cando neste curruncho noroeste da sempre viva Iberia que é Galicia nos decatamos de que os dirixentes de Rusia, con Crimea no seu poder, querían facer máis pequerrecha a sempre presente Ucraína, pedra no zapato ruso e Nación veciña coa que tantas cousas compartiu e da que tantas outras a separaban sendo como foron tantas cousas -boas e malas- en decenios de convivencia (forzada?) e coparticipación durante os decenios da existencia da desaparecida URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Os ucraínos pasaron a ser invadidos após seren veciños, irmáns, familias. Aqueles que compartiron todo, agora reparten desavenencias e, o que aínda é pior, permanente desencontro.
Na que foi a terra duns e doutros -Rusia e Ucraína- xa non se atopan na veciñanza, entre eles. Non se alcontran nin as pedras dos camiños que tanto compartiron er que andaron á xunta. Son. Actualmente, millóns os membros de familias que a un e outro lado da terra fendida pola metralla non se recoñecen, non se sorrín por mor do desencontro e o medo á norte en calquera lugar. Familias que deixan todo atrás neste inverno-inferno especialmente duro.
Un ano de enormes perdas e sufrimento por ambas as partes. ACNUR baralla a cifra de 7 millóns de èrdo0as as desprazadas dentro de Ucraína, Nada se dí dos mortos en ambos os bandos, ucraínos e rusos. Pero tgodo deus está convencido de wue se contan a milleiros, como en milleiros de euros ou dólares se calculan as perdas ocasionadas pola artillería dos exércitos enfrontados porque ao presidente Putin se lle meteu unha segunda china-pedra nos seus zapatos de deseño,
Galicia axuda. Os galegos axudamos a aqueles que, sabedores ou non das razóns, padecen máis as consecuencias de seren menos e pior armados no intre mesmo no que Putin daba a orde de atacar aos irmáns que xa non recoñecía.
Eis o momento de cavilar. E así se fai aquí. Por exemplo no concello de Cariño onde perto dun cento de ucrainos so xa outros tantos cariñeses. Conviven, participan, pisan os mesmos carreiros e estrada, os mesmos camiño e rúas. Uns e outros son uns, son un todo, e sentiron este 24 de febreiro nun único latexo. O mesmo pasou noutras moitas vilas e cidades galegas onde os propios non saben noito de ucraíno, pero os que se fan da mesma sincronía sí falan galego e castelán.
Oxalá este xa pasado 24 de febreiro de 2023 sexa o único aniversario da guerra ucraina que se conmemora.
Oxalá, sí.



