O Rotogal Boiro Voleibol ofrece unha moi boa imaxe ante o líder Guaguas na Cachada

18 Febreiro 2023

Nova xornada con boa imaxe para un Rotogal Boiro Voleibol que aguantou o tipo durante dous sets ante o Guaguas, líder invicto da Superliga. Os da Cachada competiron de ti a ti #ante un adversario que aliñou a algúns dos xogadores menos habituais, pero que tivo que espremer o seu poderío no saque para anotarse o triunfo por 0-3. Os locais non puideron contar con Héctor Barro, que sufriu unha escordadura no nocello no adestramento do venres pola tarde.
O Rotogal Boiro Voleibol iniciou o encontro con bríos e mesmo asumiu unha lixeira vantaxe no arranque do primeiro set. Con todo, o Guaguas conseguiu remontar ata voltear o electrónico. Os locais acumularon varios erros nunha rotación e os canarios pecharon a manga por 21-25.
No segundo set, o Guaguas comezou mellor e escapouse no marcador. Ademais, o Rotogal Boiro voleibol perdeu temporalmente a Jaime Arjones, que se fixo dano no xeonllo. Con todo, co cadete Martín García como colocador, os anfitrións fóronse achegando no marcador ata brindar un desenlace moi axustado. Os canarios pecharon o parcial con 23-25 ao seu favor cunha boa acción no bloqueo.
A terceira manga careceu de historia. O Guaguas mostrou a súa superioridade e, guiado polo acerto no
saque de Rattray, rompeu o partido para pechar o partido cun nítido 16-25 ao seu favor.

Rotogal Boiro Voleibol, 0: Alan Davila, Mario Iglesias, Jaime Arjones, Gaby do Carmen, Juan Quelle, Martín Casais e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Martín García e Aarón Vidal.
Guaguas, 3: Susickis, Adrián Olalla, Fernando Fernández, Rattray, Lucas Conde, Emiliano Ramos e Alejandro Fernández (líbero). Tamén xogou Paolo Zonca.
Sets: 0-1 (21-25), 0-2 (23-25) e 0-3 (16-25).
Árbitros: José Manuel Cherino e Héctor González.
Incidencias: Partido da Superliga disputado no Pavillón da Cachada ante uns 300 espectadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.