“Cando un amigo se vai, algo morre na alma”. Antón Luaces

16 Febreiro 2023

Falei con el vai unha semana. En cousa duns días pasara do hospital do Barbanza ao Clínico de Santiago de Compostela. A conversa foi mínima en duración, máxima na emoción que trascendía  a través das súas frases entrecortadas. Foi coma unha despedida, seguro por el presentida e por min, inimaxinada. Este mércores foi incinerado.

Finou o amigo e queda a lembranza do mesmo amigo. Este amigo que nos últimos tempos saía a “revoltear”, como dicía sempre -afeito á linguaxe dos mariñeiros feitos a golpe de remo ou a vela, firme o leme da dorna nas reviravoltas do vento da ría de Arousa- . “Revolteaba” polo malecón de Ribeira durante as dúas horas de autonomía do seu “carro elétrico” cedido polo SERGAS. Dou o seu último suspiro xusto onde el non quería: lonxe do mar. Ese mar no que traballou arreo de cativo a bordo da dorna do seu avó, o que lle permitiu saber a tempo cando viña unha nordestada e ter tempo a poñer proa á Ínsua e, nunha rápida manobra a babor, chegar ao abrigo do porto de Santa Uxía de Ribeira.

Xa un mozo puxo rumbo á, daquela, desexada Europa. Era un mariñeiro competente, moi competente, como demostrou no tempo que andou en pesqueiros de diverso tipo e sabía da sona que os mariñeiros de Ribeira tiñan en Roterdam. E alá foi: unha pequena maleta, a libreta de navegación, a documentación  persoal, uns pesetas que trocara no banco por dólares e centos de quilos de ilusión por se embarcar nun buque mercante, con plans de casamento para un futuro (con idea de dous ou tres fillos) e vivir con certa folgura.

Embarcou nun buque de transporte de material e mercadorías diversas río arriba, río abaixo, que nunca deixou porque “o vello” -como denominaba ao capitán- era un amigo máis que un xefe. E navegaban sempre perto de terra porque o seu transporte era de río. Nunha ocasión colidiran contra un dos piares  dunha das pontes do río alemán e o golpe “mandóunos, ao carallo”, dicíame cando me chamou (cousa que facía asíduamente) para, coma sempre, dicir se lle gustara ou non tal ou cal programa de “Españoles en la mar” que escoitaba a diario.

Era -aínda o é na relembranza- un bo amigo, un gran amigo… que xa non teño, e non porque morrera afogado no río (que sería o normal), senon porque morreu afogado debido a que o aire que respiraba mediante “a máquina” nen era aire “nen ostias”.

Tiña os bronquios “desfeitos” e moitos problemas, demasiados, para camiñar: “Non me da o peito, che”, era a súa frase para explicar os problemas físicos que padecía.

Agora xa é pó. Un pó que alguén da familia, supoño, guindará ao mar un día destes.

Juan Francisco Fernández Alonso, o meu benquerido amigo de sempre “Cuca” (alcumado O Cucaracho), xa non escoitará nunca máis aos seus admirados “Los Tamara” e tampouco cantará o tango “Chessman” que tanto entoaba camiño da súa casa familiar con peixe fresco nunha bolsa e a fiambreira noutra.

Fallóulle definitivamente a “máquina” e fallóume a min, convencido como estaba de que tamén desta vez Juan “Cuca” “safaría”.

Desgraciadamente non “safou”: levóuno o río da Nada cara ao lugar no que os bos e xenerosos agardan o próximo barco.

Boa proa e ata outra millorada, amigo.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.