“Verbas que leva o vento”. Antón Luaces

15 Febreiro 2023

Cumprido a dia 15 de febreiro de 2023 o primeiro aniversario do afundimento do pesqueiro de Marín “Villa de Pitanxo” e o da morte de 21 dos seus 24 tripulantes, somos moitos os que aínda nos preguntamos se a única verdade do acontecido aquel 15 de febreiro de 2022 a unhas 300 millas de San Xoán de Terranova, é a do mariñeiro ghanés Samuel Kwesi, unha verdade que só el se atreveu a contar, na súa condición de tripulante que sobreviviu á traxedia. Os outros dous sobreviventes -tío e sobriño- argumentaron no seu momento outras circunstancias. Sementaron dúbidas. Pero máis incredulidade deixa o silencio da casa armadora.

Así pasou un ano. Doce meses nos que só se escoitaron as peticións de axuda feitas polos familiares dos mortos ou os seus representantes legais.

Como pendurada dunha nube continúa a promesa feita polo Goberno  español de baixar ao pecio e recoller, se é posible, cantos máis datos millor  sobre que foi o que realmente aconteceu vai un ano.

Mais polo de agora é só unha promesa, un compromiso contraído, unhas verbas que o vento pode levar cando e como queira.

Confíase, sí. Pero é ben sabido que o cumprimento  das promesas feitas polos políticos  -sexan do partido que sexan- non é algo que os distinga.

Tampouco semellaba ter presa A Comisión  de Investigación  de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) cuxo diagnóstico sobre o acontecido co “Villa de Pîtanxo” aínda está por se facer público. Este organismo mantén que “a investigación segue o seu curso e aínda non está rematada”. Dáse como probable que este xoves se poida coñecer un informe provisional da investigación do accidente, que podería ser aprobado, segundo fontes da propia CIAIM.

O 31 de xaneiro publicouse na plataforma de contratación do Estado o anuncio da licitación do servizo de busca, localización e inspección do pecio por un importe de 3 millóns de euros. E tal e como recolleramos neste xornal, as operación van desenvolverse durante o vindeiro verán, mediatizadas sempre  polas condicións meteorolóxicas reinantes naquelas augas canadenses.

Os resultados destes ensayos será analisados xunto coas demáis evidencias sobre o accidente dispoñibles na CIAIM, nun proceso que se  realizará nas derradeiras fases da investigación,

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.