
Por iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude, Ribeira vai ser un dos 30 concellos galegos nos que se vai festexar o Día da Xuventude. No noso caso, a programación terá lugar o vindeiro domingo 26 de febreiro coincidindo co Pequeno Entroido e foi presentada esta mañá polos concelleiros María Sampedro e Javier Sampedro, e polo xoven cantante Dani Recho, estudante de segundo de Bacharelato, que actuará no evento.
Neste senso, a celebración centralizaranse na Carpa de Usos Múltiples situada xunto ao mercado municipal, en horario de 16 a 21 horas. Entre as temáticas abordadas figuran a gastronomía saudable
(coas actividades nutrivial e showcooking), lecer educativo (con fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco e slack-line), concienciación ambiental (incidindo en aspectos como o cambio climático, a
biodiversidade e a reciclaxe), a igualdade de xénero, o grafitti, as habilidades para a empregabilidade ou a dinamización do entorno.
Tamén haberá un punto de información sobre os programas da Xuventude.
Ademais, ás 20.30 horas está prevista a actuación de Dani Recho, quen amosouse moi ilusionado por esta darse a coñecer e manifestou que o seu estilo é de música urbana coa que espera gustar a todos os públicos.
Pola súa parte, tanto María Sampedro como Javier Sampedro agradeceron á Consellería feito de que Ribeira fose un dos trinta municipios onde poder ofrecer esta programación para a mocidade.




