A Comunidade de Montes de Asados presenta un proxecto para crear unha planta de biomasa

27 Novembro 2019

O deputado responsable da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña, Blas García, recibiu na Deputación á presidenta da Comunidade de Montes de Asados (Rianxo), Generosa Gey, que lle trasladou dous proxectos nos que está traballando a entidade.

O primeiro deles consistiría na implantación dunha planta de biomasa para a valoración dos residuos de monte e o agro mediante a elaboración de compost e rachas de produtos térmicos, contribuíndo  a eliminar as queimas e reducindo o risco de incendios forestais na zona.

Segundo explicou Generosa Gey, a entidade dispón xa dun estudo inicial de viabilidade do proxecto, que se desenvolvería en tres fases. A primeira delas consistiría na adquisición de maquinaria para a roza, trituración e compactación e nas fases posteriores abordaríase a creación da planta de compostaxe.

O outro proxecto presentado pola entidade é a creación dun centro de interpretación do monte e a natureza, aproveitando unha caseta-refuxio forestal xa existente e que data dos anos 50, que habería que rehabilitar para este novo uso.

Pola súa banda, Blas García comprometeuse a estudar a documentación de ambos os dous proxectos, que considerou “interesantes” e “en liña co traballo que está a facer a Deputación”, xa que “están orientados á posta en valor do noso monte, un elemento fundamental na provincia, non só pola súa importancia medioambiental, senón porque representa un importante motor económico para o rural coruñés.”

Neste senso, García lembrou tamén que a institución provincial xa mantén diversas liñas de colaboración coas comunidades de montes mediante axudas económicas destinadas a podas, rozas e proxectos de conservación e valorización do monte.

García apuntou que precisamente hoxe, o Boletín Oficial da Provincia publica as axudas concedidas pola Deputación da Coruña por importe de 107.921 euros para apoiar a 33 entidades labregas e agrarias da provincia na realización de investimentos. Entre elas figuran varias comunidades de montes en man común, que contarán co apoio económico da Deputación para a construción e mellora de pistas forestais, accións de repoboación e de valorización do monte, entre outros proxectos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.