Ribeira celebra o Dia de Rosalía con espectáculos, música e lecturas de poemas

15 Febreiro 2023

Con motivo da celebración do Día de Rosalía no que se conmemora a data de nacemento da autora, 23 de febreiro, o alumnado de Ribeira do primeiro ciclo de Primaria dos colexios locais participará nunha Festa de Aniversario no Auditorio Municipal ás 11.30 h coa actuación de Charo Pita e a familia Papaventos. No transcurso da celebración, os cantares acompañarán as palabras de Charo sobre Rosalía. Para rematar a festa recitaranse uns versos da nosa poeta de maneira conxunta e cataránselle os parabéns. Os neniños e neniñas levarán un pequeno recordo agasallo da Fundación Rosalía de Castro.

Pola tarde, ás 20.00 h, na praza do Concello, celebrarase a tradicional lectura pública dos versos de Rosalía, con micrófono aberto para toda a cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.