Cristina Pichel destaca o labor do IES Campo de San Aberto de Noia ao abeiro do programa Correspondentes Xuvenís

15 Febreiro 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo na mañá deste 15 de febreiro co alumnado e o profesorado do IES Campo de San Alberto de Noia que participa no programa Correspondentes Xuvenís. Pichel, que puido coñecer de primeira man o proxecto que están a desenvolver ao abeiro do programa, agradeceu a implicación do profesorado nesta iniciativa e destacou tanto o labor informativo como de dinamización do día a día no centro educativo que realizan estes estudantes.

Os 13 correspondentes deste instituto noiés cursan Formación Profesional Básica de Electricidade e electrónica e o ciclo medio de Xestión administrativa, e a proposta que están a levar a cabo denomínase ACADIX (siglas de Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero). Entre as accións que realizan están a actualización do taboleiro de información do centro, a creación do grupo lector Libros con Café, obradoiros de intelixencia emocional ou a preparación do entroido.

A directora xeral de Xuventude explicou que finalidade de Correspondentes Xuvenís é “facer partícipe ás mozas e mozos na difusión de axudas, programas ou actividades que son do seu interese”. Ao abeiro do programa alumnado de Secundaria, Bachalerato, Formación Profesional e universitario “actúa como altofalante, achegando toda esta información aos seus compañeiros e amigos”, dixo.

En Noia, ademais do IES Campo de San Alberte, tamén está adherido ao programa Correspondentes Xuvenís o IES Virxe do Mar, coa participación de 10 estudantes. Este curso 2022-2023 hai máis de 650 correspondentes por toda Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.