Boiro, Noia, Outes, Lousame, Dodro e Rianxo acollen unha nova edición do programa de mercadotecnia dixital e cooperativismo de Deloa

13 Febreiro 2023

Os Concellos de Boiro, Noia, Outes, Lousame, Dodro, Rianxo e Rois colaboran coa Asociación Deloa para levar a cabo unha nova edición do programa formativo Marketing Dixital e Cooperativismo, desenvolvido xunto coa Escola de Organización Industrial e a Fundación Paideia. A formación será presencial e celebrase en todos os devanditos municipios do Barbanza.

Este programa formativo está dirixido a menos de 30 anos en situación de desemprego e vaise levar a cabo entre os meses de febreiro e xuño. As clases grupais terán como dixemos formato presencial e realizaranse titorías individualizadas e grupais para o desenvolvemento dos proxectos de cooperativismo no sector da mercadotecnia dixital.

O programa formativo é gratuíto e contará con 200 horas de formación ademais dunha saída dunha semanas a outra cidade de España para coñecer empresas e caos de éxito no sector do marketing dixital e o cooperativismo. Para impartir a formación contarase con recoñecidos profesionais da promoción empresarial máis innovadora e do traballo cooperativo, referentes a nivel galego e nacional.

A participación neste programa é totalmente gratuíta e as persoas interesadas deben realizar a súa inscrición na web da Asociación Deloa antes do 20 de febreiro. Máis información sobre o programa no enderezo electrónico deloa@deloa.es e do teléfono 981 817 000.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.