“Tarde, mal e arrastro: o cerco non ten solución pola falta de xurelo..” Antón Luaces

10 Febreiro 2023

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicará nos vindeiros días a resolución pola que se estabelece un perìodo de parada vontaria na pesqueira do xurelo para a frota de cerco e para determinados barcos de artes menores. A resolución concreta que estas paradas terán un período mínimo dun mes e máximo de tres meses. Esa limitación da actividade poderá compensarse cunha axuda económica por paralización temporal no marco do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) e da normativa de desenvolvemento en España, que percibirán tanto as empresas como os tripulantes.

Con esta medida -considerada insuficiente polo sector- o Goberno entende que cumpre o seu compromiso de apoio á frota pesqueira afectada polo peche da pesqueira do xurelo debido á súa delicada situación.

Como se lembrará, a Unión Europea e o Reino Unido acordaron o pasado mes de decembro unha redución do 78% na cota de xurelo para o ano 2023 no Atlántico Noroeste, que só se poderá capturar como pesca accesoria, precísamente a causa desa precaria situación.

O Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) recomendou un Total Admisible de Capturas (TAC) “cero” para este ano. Amáis, a esixencia de que os buques teñan unha dependencia das capturas comercializadas igual ou superior ao 18% nos últimos tres anos, conforme aos datos de que dispoña a Secretaría Xeral de Pesca.

Son un total de 86 os barcos que poderán beneficiarse destas axudas, distribuidos entre as distintas comunidades autónomas: 71 en Galicia, 8 en Cantabria, 4 no País Basco e 3 en Asturias.

A xestión e pagamento das axudas estará a cargo das comunidades autónomas, que deberán realizar as correspondentes convocatorias, previa territorialización dos fondos correspondentes, que serán acordados  na Conferencia Territorial de Pesca.

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores coida que había a intención “de facelo o millor posible, pero a resolución non é a solución ao problema- Co que se da -afirma José Antonio Pérez, presidente da Federación Galega de Confrarías- non da, si non sacan as cotas da Seguridade Social.Así non se da unha solución boa ao problema de non poder pescar xurelo”.

José Antonio Pêrez afirmou a este xornal que o racú ten, nas costas galegas, unha dependencia de entre un 40 e un 45%, o que fixo que a cota repartida por barcos non superara os 6 quilos á semana. Cantidade que, sinalou tamén un armador afiliado á asociación ACERGA “non da nin para unha sardinada familiar”.

Por este motivo, os armadores integrados en ACERGA consideran que as axudas estatais deberan entregarse durante todo  ano porque a pesqueira está nunha situación “calamitosa”, especialmente os cerqueiros pequenos, que non teñen capacidade para ir pescar “arriba” (a augas do País Basco). Existe a crenza de que “a frota pequena vai caer toda, porque o caladoiro está machacado, Non se respectaron topes, pescouse todo canto xurelo entraba nos copos e agora todo vai depender da resposta que nos dean a xarda e a sardiña. Culpa nosa en boa medida, compartida coas autoridades pesqueiras que non saben ou non queren aplicar medidas correctoras que nos permitan programar a nosa actividade con xeito”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...