Ribeira inicia a municipalización do aparcadoiro Centenario, cumprindo a histórica demanda do BNG

09 Febreiro 2023

O Pleno de Ribeira, reunido en sesión extraordinaria este xoves 9 de febreiro, aprobou por unanimidade iniciar os trámites para municipalizar o aparcadoiro do Centenario, cumprindo así unha demanda histórica defendida polo BNG.

Segundo detallan os informes técnicos e xurídicos a xestión directa por parte do Concello de Ribeira é “máis vantaxosa” e redunda no “beneficio da poboación ribeirense”, avalando as teses defendidas polo BNG. O Concello de Ribeira creará nos vindeiros días unha comisión que estudará as as posibles maneiras de xestionalo que serán expostas aos grupos municipais.

Os concelleiros Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla Márquez mostraron a súa satisfacción asegurando que “o tempo deunos a razón ao se avalar que a xestión pública é máis eficiente”. Neste sentido, aseguran que o Partido Popular errou cando unilateralmente privatizou a xestión porque provocou un encarecemento dos prezos e supuxo prestar un servizo de peor caliadade.

Pérez Barral destacou que o BNG sempre tivo claro que o aparcadoiro debería servir para aumentar as prazas de estacionamento “que tanta falta fan en Ribeira”. O portavoz nacionalista asegura que agora van seguir traballando para rebaixar as tarifas e se apliquen bonificacións as persoas que merquen no comercio local.

Propostas do BNG no Plan Único

A sesión plenaria tamén serviu para aprobar as actuacións que se van realizar grazas ás achegas de 1,4 millóns de euros que concede a Deputación da Coruña mediante o Plan Único. 

Os nacionalistas valoran positivamente a inclusión de tres das súas propostas: dotación dunha cuberta no parque das Avesadas para poder usar todo o ano, a mellora da pavimentación, seguridade viaria e accesibilidade na rúa Francisco Lorenzo Mariño en Aguiño e a dotación de vestiarios o campo de fútbol de Oleiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.