O Concello de Rianxo e Avoar convocan á cidadanía para visibilizar e denunciar nas rúas as historias de agresións

08 Febreiro 2023

O Concello de Rianxo enfiou o comezo de ano dando continuidade ao proxecto Pingas de Luz!, unha iniciativa que ten o obxectivo de visibilizar e denunciar as violencias machistas na contorna con vistas a “fomentar a consciencia sobre estas” e “promover o apoio mutuo entre as persoas que son obxecto dela”. Desta vez Pingas de Luz vén con en formato obradoiro, dando presenza nas rúas ás historias de agresións recollidas no mapa dixital da vila, que podemos ver na Rede en proceso de re-actualización. Trátase dun proxecto do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Avoar.

Seguindo este fío, Concello e asociación veñen de lanzar un convite á cidadanía para acudir ao próximo obradoiro participativo de Pingas de Luz, no que se compartirán ideas sobre como levar á rúa este proxecto, deseñando unhas esculturas efémeras para os espazos urbanos da vila, así como para tomar decisións e accións sobre como visibilizar e sensibilizar sobre este tipo de violencias nas contornas públicas “que compartimos”, sinalaron as dúas entidades, engadindo que no obradoiro contarase coa presenza de Pedras de Papel (Artesanía e Patrimonio) para traballar nas ideas que xurdan a través da técnica de tapesculture.

O obradoiro será este sábado 11 de febreiro as 11:30 na Biblioteca Pública Municipal Castelao. As inscricións poden facerse a través do correo avoar@inventati.org.

O proxecto continuará ao longo de marzo, no que se instalarán as esculturas efémeras deseñadas así como pequenas pezas cerámicas sinalando diferentes lugares onde aconteceron as agresións. Tamén se levarán a cabo obradoiros formativos en diferentes puntos do concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.