O Concello de Porto do Son comezou febreiro desenvolvendo traballos dirixidos á mellora de infraestruturas, accesos e servizos, poñendo o foco en fortalecer a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e tamén na accesibilidade e a comodidade dos usuarios. Nestes primeiros días de mes puxo o foco en diferentes lugares da parroquia de Nebra, por exemplo acondicionando os camiños dos núcleos da Igrexa, Ieste, Castrallón en Calo, asfaltando Quintáns, ampliando o rueiro de Nebra ou mellorando os camiños no Curro.

Acondicionamento de camiños en Nebra, nos núcleos da Igrexa, Ieste, Castrallón e Calo

Asfaltado en Quintáns, Nebra

Sobreancho e asfaltado en Nebra




