O Concello de Ribeira dá continuidade á campaña Amaribeira en apoio ao comercio local

07 Febreiro 2023

O Concello de Ribeira decidiu prolongar por un período de 16 días a súa campaña Amaribeira. Fíxoo “en apoio ao comercio e a hostalería local”, de tal xeito que aquelas persoas que non consumiron ao cen por cen os seus bonos de desconto teñan a oportunidade de facelo.

Así, entre o luns 13 e o martes 28 de febreiro, habilitarase a opción de utilizar estes bonos QR nos 141 establecementos que se adheriron á campaña, lanzada por segundo ano consecutivo no pasado e decembro logo do éxito acadado na primeira edición, que, segundo informaron fontes do Concello, propiciou un volume de negocio superior aos 1,2 millóns de euros.

O Concello lembrou tamén que a presente campaña, con descontos de ata 30 euros por 90 de compra e na que a Administración local insuflou 255.000 euros procedentes do seu remanente de tesourería (máis outros 15.000 para o marketplace Ribeira Store), estivo activa ata o 31 de xaneiro. Agora decidiuse conferir un prazo extraordinario para permitir á veciñanza esgotar todas as posibilidades de sacarlle proveito.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...