O programa We Sea de JEALSA posibilita a retirada de máis de 800 quilos de residuos dos areais

26 Novembro 2019
Cedida

O grupo JEALSA anuncia a recollida de 832 quilos de residuos en diferentes puntos do litoral galego mediante as tarefas de limpeza manual desenvolvidas en tres areais de Boiro. Esta iniciativa adscríbese ao programa de Responsabilidade Social Corporativa We Sea, manifestando o seu compromiso pola preservación e o coidado do medio ambiente que se materializa, entre outros, nun plan de limpeza de praias e costas galegas en colaboración coa fundación ECOMAR.

Neste senso, Ángeles Claro, directora do programa We Sea, afirma que “estamos moi orgullosos dos resultados obtidos durante estas limpezas, así como da resposta dos voluntarios, colexios e alumnos que participaron nelas.” E engade que “agardamos seguir aumentando o número de limpezas nos próximos meses e conseguir un maior impacto medioambiental. É necesario que nos comprometamos e impliquemos ao cen por cen co coidado e preservación das nosas costas e mares.”

Cedida
Cedida

A primeira das referidas limpezas tivo lugar no mes de xuño na praia de Barraña, contando coa colaboración de máis de 100 estudantes dos colexios CEIP Santa Baia e CEIP Praia Xardín. Así, conseguíronse recoller 100 quilos de plástico, 125 quilos de residuos orgánicos, 5 quilos de vidro e 1 quilo de papel.

Durante o mes de novembro, programáronse tres limpezas na zona de Boiro, procedéndose á recollida de máis de 600 quilos de residuos de forma manual, a pesar de que só foi posible desenvolver dúas das citas previstas debido ás condicións meteorolóxicas.

O 13 de novembro realizouse unha limpeza na praia de Carragueiros coa participación de 42 alumnos do CEIP Santa María do Castro. Deste xeito, posibilitouse a retirada de 75’6 quilos de plásticos, 155’7 quilos de residuos orgánicos, 3 quilos de vidro e 0’4 quilos de papel. Ademais, efectuouse unha recollida con maquinaria na que se lograron retirar 98 toneladas de lixo.

Finalmente, o pasado 23 de novembro desenvolveuse unha última limpeza na praia de Barraña, onde participaron 60 voluntarios, entre traballadores de JEALSA, de ECOMAR e veciñanza do lugar. En total, retiráronse máis de 300 quilos de residuos entre envases, plásticos, ramas, malezas e cabichas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...