COGAMI inicia un curso de alfabetización dixital en Boiro

07 Febreiro 2023

As instalacións da Aula CeMIT do Centro Social de Boiro acollen estes días un Curso de Alfabetización Dixital impartido pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Esta formación iniciárona un total de 8 persoas, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, procedentes dos concellos de Boiro, Ribeira e Rianxo.

Esta formación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través da Organización COCEMFE, da que forma parte COGAMI, enmarcada nas actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22, contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00 horas, e nos que se abordarán módulos sobre Internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, coa finalidade de que o “alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral”.

Arestora, a bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 693 persoas no Barbanza e a súa contorna, distribuídas deste xeito segundo concellos de ámbito de actuación: Rianxo 64; Boiro 132; A Pobra 62; Ribeira 132; Porto do Son 34; Noia 137; Lousame 17; Outes 35; Muros 47; Carnota 18 e Mazaricos 15.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.