
O veciño de Ribeira, Cipriano Pena, duns 60 anos de idade e xefe de máquinas dun barco de Nova Pescanova, faleceu como consecuencia dun atropelo en Namibia. Ocorreu esta fin de semana na cidade de Walvis Bay, cando o home volvía cara ao barco ‘Natale Senior’, un arrastreiro duns 36 metros de eslora.
Ao parecer o accidente tivo lugar cando Cipriano Pena volvía de tomar algo nun local da zona cos seus compañeiros. Un deles explica que o xefe de máquinas foi o primeiro en irse a descansar ao barco, un traxecto que nunca finalizou, xa que foi atropelado mentres camiñaba pola beirarrúa .
Pese os intentos de reanimar ao ribeirense, os médicos non puideron salvar a súa vida. Pola súa banda, a policía de Namibia detivo ao condutor do vehículo e investiga se circulaba baixo os efectos do alcol no momento do atropelo.
A familia e as autoridades traballan na repatriación do corpo.




