Detido un ribeirense como presunto autor dun delito de maltrato animal

26 Novembro 2019

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención dun individuo de 51 anos de idade, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito contra a protección da flora e a fauna, concretamente por maltrato animal.

Tras a denuncia presentada na Comisaría por unha representante dunha protectora de animais, na que poñía de manifesto a existencia dun vídeo no que se observaba o deplorable estado dun can na finca dunha vivenda, iniciáronse xestións de investigación encamiñadas a esclarecer os feitos. Os axentes acudiron á mencionada finca e puideron constatar o estado do animal, que xa falecera e presentaba signos de violencia.

Posteriormente, trasladouse o can ao veterinario para realizarlle a correspondente autopsia, confirmando que fora maltratado, polo que se procedeu á detención do presunto autor dos feitos, dando coñecemento dos mesmos ao Xulgado de Garda.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.