A CUT, moi crítica coa posíbel cesión a Urbaser do servizo de lixo en Ribeira

26 Novembro 2019

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) vén de emitir un comunicado para informar ao Goberno de Ribeira e a todos os grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal da súa postura respecto da cesión da contrata de xestión de residuos urbanos de Recolte a Urbaser, unha cesión que se leva a pleno este martes 26 para a súa aprobación.

Este proceso, lembra a CUT, ten a súa orixe nunha solicitude concreta de Recolte: unha petición a favor de Urbaser para delegar nesta o servizo municipal de limpeza e recollida de refugallos nos concellos de Ribeira, Padrón e Marín, entre outros. Segundo informa a CUT, trátase “dunha operación denunciábel” e que constitúe un fraude nas regras de xogo da adxudicación dos contratos públicos.

A central lembra que todos estes concellos “xa tiveron experiencia” con Urbaser para as devanditas tarefas de xestión ambiental, e “que esta experiencia non foi moi boa, nin para os municipios afectados nin para o persoal contratado, lembremos os conflitos laborais e tamén as denuncias da propia institución pública polas deficiencias na xestión do servizo”.

Para a CUT, non se pode admitir que logo de perder a concesión e despois de amorear “distintos conflitos, tanto coas traballadoras e traballadores como cos clientes”, Urbaser poida entrar pola “porta de atrás sen que se valore a posibilidade de que o propio Concello de Ribeira reforme a xestión do servizo de limpeza, ou cando menos como mal menor, que os ditos traballos sexan sometidos a concurso público, permitindo que a empresa saínte, Recolte, impoña dalgún xeito o nome de quen vaia substituíla, polo tempo que resta da concesión”.

A CUT tamén critica no seu comunicado a política de contratación de Urbaser e as metodoloxías que emprega na xestión de residuos en Pontevedra, unhas prácticas que, segundo sinala o sindicato, “inclúen fórmulas como os ‘contratos varios’, un contrato cun salario substancialmente menor e onde a persoa en nómina non figura adscrita a un centro de traballo de referencia senón que pode ser trasladada dun concello a outro segundo a vontade da empresa, ou mesmo chegar a exercer a súa xornada laboral diaria en varios municipios distintos”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.