Denegadas na Pobra dúas propostas do PP para bonificar paneis solares para autoconsumo e prover de prazas o Hospital

01 Febreiro 2023

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste 31 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación, a cal contou coa ausencia da concelleira Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Aprobación actas anteriores (31 de marzo, 26 de maio e 30 de xuño de 2022).

2. Moción do grupo municipal do PP relativa a actuacións urxentes. Aprobada con 5 votos a favor (PP), 2 en contra (BNG) e 5 abstencións (Nós Pobra).

3. Moción do grupo municipal do PP relativa ó establecemento de bonificacións para a instalación de paneis solares térmicos ou fotovoltaicos para autoconsumo. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG).

4. Moción do grupo municipal do PP relativa á provisión de prazas no Hospital Comarcal da Barbanza. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG).

Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, finalmente, dar paso á quenda de rogos e preguntas.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñíbel na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.