
María de la Concepción Rivas Colomer, a nai do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, falecía a mañá deste domingo no Hospital Comarcal, aos 95 anos de idade. Coa súa morte escribese o punto e final da historia dunha muller que se caracterizou polo seu carácter emprendedor e por ter un peso especial na cidade.
Está previsto que este luns se celebre o funeral pola súa morte na igrexa de Santa Uxía tras o enterro, fixado para as 17.30 horas. O pleno ordinario que estaba programado para a tarde do luns suspenderase e é probable que sexa trasladado para o mércores. D.E.P.




