Sete menores implicados nunha pelexa en Ribeira

29 Xaneiro 2023
Avda. Rosalía de Castro Ribeira (O Barbanza)

A Policía Nacional de Ribeira identificou a sete persoas pola súa presunta implicación nunha pelexa que tivo lugar a última hora da tarde deste sábado na Avenida Rosalía de Castro. A liorta comezou entre dous adolescentes á que se uniron curiosos e familiares e amigos dos implicados, o que fixo que chegaran a congregarse na zona ata setenta persoas. Segundo testemuñas, houbo polo menos dous feridos.

Ao lugar dos feitos acudiron efectivos da Policía Local e da Nacional. Foron estes últimos os que se encargaron de identificar as persoas. No caso dos menores os axentes retivéronos na rúa ata a chegada dos familiares que se fixeron cargo deles.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.