Deloa formará á mocidade dos nosos concellos en mercadotecnia dixital e cooperativismo

27 Xaneiro 2023

A Asociación Deloa, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), vai pór en marcha nos concellos da comarca do Barbanza unha acción formativa centrada na mercadotecnia dixital e no cooperativismo.

Este programa, sinala Deloa, é “unha gran oportunidade de incorporación ao mercado laboral para mozas e mozos entre 16 e 29 anos, xa que poderán adquirir todos os coñecementos para crear unha cooperativa de servizos de marketing en liña e aprender da e dos mellores profesionais e coñecer os seus casos de éxito”.

Deloa fará xuntanzas informativas para todas as persoas interesadas. As primeiras celebraranse o vindeiro martes 31 de xaneiro nos seguintes concellos:

– Concello de Boiro: Centro de Formación e Viveiro de Empresas do Concello de Boiro. 12.00 horas.

– Concello de Rianxo: Salón de actos do Auditorio de Rianxo. 16.30 horas.

– Concello de Rois – Concello De Dodro: Edificio Multiusos do Concello de Rois. 18.30 horas.

O día 6 de febreiro, serán as quendas de Noia e Lousame (no Edificio Casino do Concello de Noia ás 11.30 horas) e Outes (na Casa da Cultura ás 13.00 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.