O Concello de Outes está a intensificar o traballo para conseguir a posta a punto definitiva da AC-550 ao seu paso polo termo municipal, co obxectivo de achegar máis seguridade e accesibilidade para condutores e viandantes. Baixo esta premisa, solicitou novamente á Xunta de Galicia que sexa realizada “unha actuación urxente na AC-550, concretamente no tramo que conecta a ponte nova de Seilán e a localidade do Freixo, e que transcorre pola Serra de Outes e polo Cruceiro de Roo”.
Dende o Goberno local tamén pediron ao Executivo autonómico que se dea por rematada cos traballos pertinentes a actuación realizada na AC-196, que une Outes e Noia por Pontenafonso.




