No transcurso da Asemblea Xeral Ordinaria do LICEO MARÍTIMO DE RIBEIRA, celebrada esta mañá, nomeouse por unanimidade dos presentes ao artista ribeirense, MANUEL AYASO como SOCIO DE HONRA.
Tamén foi elixido, por unanimidade, o actual Presidente, JOSÉ GUDE PIJUAN para que continúe no cargo outros dous anos máis.
Por outra banda tamén se agradeceu ao escritor ribeirense, ANTONIO PIÑEIRO, que destinase a recadación económica da venda do seu último libro para as arcas do Liceo Marítimo.




