“Sen eles, fai máis frío” – Xulio Xiz

20 Xaneiro 2023

Cada día, cada pobo perde algún dos seus habitantes; perda vital a escala persoal e familiar á que o colectivo non reacciona, aínda que deixa un oco que ninguén pode encher. Pero hai desaparicións que fan tremer ao colectivo, porque son exemplos nos que mirarnos. E Lugo vén de sufrir dúas perdas que afectan á parte máis sensible da cidade nas persoas de Jesús e Arcadio, Jesús-Quico de Sargadelos, activista cultural, e Arcadio Silvosa, xornalista; dúas persoas imprescindibles.

Jesús de Sargadelos, 94 anos, era unha institución cultural e converteu a súa Galería nunha ágora, casa común, convocando e albergando vida. Arcadio Silvosa, trinta anos menos, era un referente nos medios de comunicación, e mesmo na política, aínda que só lle puido dedicar a esta nobre arte un tempo breve. Tiña devoción polo deporte, pola amizade, polo humor, pola cidade e pola xente.

Despedímolos agora, aínda que a esquiva saúde nos últimos tempos impediulles actividades e presencias públicas. E cando xa non están, debemos ter presente o ben público que fixeron, e lamentar a súa ausencia cun algo de egoísmo por sernos necesarios individual e colectivamente.

Jesús e Arcadio foron exemplo de lucenses necesarios para que a cidade respire polos poros da cultura, da verdade, do entusiasmo, das cousas que merecen a pena. Que hai máis, que poden vir máis, pero non sobra ninguén. E estes son irremplazables.

Que a terra lles sexa leve; que sexan felices no lugar de destino. Quedamos un pouco orfos sen eles. E acudo ás palabras con que Jesús pechaba os actos en Sargadelos: “Abríguense ao saír, que xa fai frío”. Sen Jesus e Arcadio, fai máis frío en Lugo.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.