O Mercado de Boiro acolle os vindeiros domingos de xaneiro e febreiro un obradoiro de iniciación ao baile tradicional

18 Xaneiro 2023

Os catro domingos seguintes deste mes de xaneiro e de febreiro, os días 22 e 29 de xaneiro e 5 e 12 de febreiro, vaise celebrar no local multiusos do Mercado Municipal de Boiro un obradoiro de iniciación ao baile tradicional en familia. As sesións desenvolveranse ás 12.00 horas e virán da man das persoas que integran a asociación local Xilbarbeira (referente comarcal e galego na reivindicación da nosa cultura e folclore tradicionais), no marco do programa de actividades Miscelánea en Movemento, impulsado dende o Concello de Boiro. Trátase dunha actividade destinada a maiores de 3 anos. O dito programa tamén vén esta tempada con obradoiros de ximnasia hipopresiva, de iniciación ao swing e, tamén de equilibrio e movemento.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.