O cuarto Concurso de Debuxo e Pintura para Escolares de Ribeira conta con 446 obras presentadas

22 Novembro 2019

Un total de 446 obras foron presentadas á cuarta edición do Concurso de Debuxo e Pintura para Escolares cuxa obra gañadora ilustrará o cartel de Nadal do Concello de Ribeira.

No día de hoxe, no Centro Cultural Lustres Rivas, reuniuse o xurado do certame para dirimir a obra gañadora. Estivo formado por Eugenia Gómez Vidal, Pilar Ageitos Fuentes, Fernando Yáñez González, Paco Casal Castro, persoas de recoñecida traxectoria no mundo da arte, e Juana Brión Santamaría, concelleira de Educación do Concello de Ribeira, actuando como secretaria Alicia Padín.

Tal e como recollen as bases do concurso, a decisión do xurado poñerase en coñecemento do centro de ensino da nena ou neno galardoado o 26 de novembro de 2019, e en acto público ao longo do mes de decembro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.