A segunda función da mostra de teatro afeccionado da Pobra vén da man de Airiños

16 Xaneiro 2023

A actividade cultural da Pobra do Caramiñal continúa esta fin de semana coa representación da segunda das funcións do ciclo de teatro afeccionado impulsado pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Teatro Airiños (con sede en Asados, Rianxo) subirá ás táboas do Elma no 22 de xaneiro, ás 19.00 horas, para representar a función República sideral.

Trátase dun texto da rianxeira Esther Carrodeguas que foi distinguido en 2020 co XIV Premio Barriga Verde para escritos de teatro de monicreques na modalidade para persoas adultas. Recrea a clásica farsa da cachaporra a través de personaxes de carne e óso que parodian un intento independentista da Illa de Arousa, sempre en clave humorística.

A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.