O Rotogal Boiro Voleibol asina un partido de menos a máis, pero claudica ante o Léleman Conqueridor Valencia

15 Xaneiro 2023

Miguel Álvarez.- Partido de menos a máis dun Rotogal Boiro Voleibol que acabou perdendo por 3-0 na visita ao Léleman Conqueridor Valencia. Os da Cachada exhibiron un rendemento notable na recepción, pero volveron pagar a falta de potencia ofensiva ante un adversario que transita pola zona alta da clasificación.
O Rotogal Boiro Voleibol realizou unha boa posta en escena. A pesar de que o Léleman Conqueridor Valencia mostrou a súa potencia no saque, os de Emilio Palacio contrarrestaron as armas dos locais cunha gran tarde na recepción. Con todo, os erros acabaron condenando aos galegos cando o marcador indicaba 8-8. Varios fallos lastraron ao equipo visitante, que cedeu a manga inaugural por 25-14.
O segundo set foi similar ao primeiro. Tras un bo inicio, os erros condenaron a un Rotogal Boiro
Voleibol que foi incapaz de manter o pulso #ante un Léleman Conqueridor Valencia que pechou o parcial con 25-18 ao seu favor.
A mellor versión do Rotogal Boiro Voleibol chegou no terceiro set, cando, á boa recepción, sumouse un maior acerto ofensivo. O choque desenvolveuse baixo unha gran igualdade e alcanzouse o momento decisivo con 23-23 no marcador. Un punto directo de saque asentou a un Léleman Conqueridor Valencia que pechou o partido despois de controlar o último ataque dos da Cachada (25-23).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.