Presentado en Ribeira o proxecto de revalorización da Ruta Traslatio para impulsar Galicia como destino turístico náutico

14 Xaneiro 2023

A directora de Turismo de Galcia, Nava Castro presentou esta mañá no Club Náutico de Ribeira, onde estivo acompañada do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; do presidente do Club Náutico, José Luis Torres Colomer; do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; e do presidente de Asnauga, Javier Ruiz de Cortazar; o proxecto integral de revalorización da Ruta Traslatio – Ruta Xacobea marítimo fluvial polo mar de Arousa e o Río Ulla, que no marco das accións de cohesión en destino do Plan Xacobeo Next Generation, destina a este proxecto 1,3 millóns de euros, co obxectivo de impulsar Galicia como destino turístico náutico.

Nava Castro indicou que forman parte deste proxecto os portos ou clubs náuticos de Ribeira, O Grove, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Boiro, Pobra do Caramiñal e Rianxo. “Este proxecto busca converter a ruta Traslatio nun camiño a Santiago de referencia, equiparado ás demais rutas xacobeas, captando novos visitantes e peregrinos e consolidando Galicia como destino turístico náutico. Pretende revalorizar as infraestruturas portuarias e dotar de novos recursos aos portos deportivos e clubs  náuticos vinculados á ruta marítimo-fluvial”, explicou a directora de Turismo.

En base a este proxecto, o Real Club Naútico Sanxenxo, Nauta Sanxenxo, Club Náutico Portonovo, Club Náutico San Vicente, Club Náutico La Toja, Marina e estación marítima de Vilanova de Arousa, Club Náutico Rianxo, Club Náutico Cabo de Cruz, Club Náutico Barraña, Marina Pobra do Caramiñal e o Club Náutico de Ribeira, acollerán diversas actuacións e melloras nas súas infraestruturas e servizos.

O turismo náutico é un sector estratéxico para Galicia que está en pleno proceso de expansión, e este proxecto é unha aposta por revalorizar os activos turísticos cos que conta esta ruta, levando adiante liñas de actuación que melloren as infraestruturas portuarias nestes territorios, rehabilitar estruturas e poñer en valor medioambiental e patrimonialmente os recursos turísticos cos que conta o trazado polo que discorre esta ruta xacobea única.

Estas liñas de actuación tradúcense na posta en marcha de actuacións de dixitalización de recursos, creación ou mellora de espazos para a recepción de visitantes e mellora de equipamentos turísticos, posta en marcha de nova oferta cultural e turística relacionada coa ruta ou a mellora da oferta de servizos dos portos deportivos e clubs náuticos coa instalación de equipamentos de control e vixiancia intelixente, dotación de equipos de mobilidade sostible para a loita contra a contaminación marina así como sistemas de xestión medio ambiental, redes wifi e adaptación e mellora da eficiencia enerxética nas diferentes instalacións.

Plan Xacobeo Next Generation

O orzamento que este plan destinou a Galicia foi de 39,2 millóns de euros co obxectivo de incorporar medidas para conservar e facer un mellor uso dos Camiños de Santiago e para impulsar a actividade turística e económica.

Ademais das accións de cohesión en destino dentro das que se inxire este proxecto de revalorización da Traslatio e que contan con 8,4 millóns de euros, o programa contempla tamén os Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, que contan cun orzamento de 8,1 millóns de euros e os proxectos de mantemento e rehabilitación dos bens de interese cultural do Camiño de Santiago, cun orzamento de 22,7 millóns de euros.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.