O Concello de Ribeira recibe o proxecto de urbanización do novo polígono

12 Xaneiro 2023

O Concello de Ribeira vén de recibir o proxecto de urbanización do futuro polígono industrial, un documento que foi encargado á empresa Monsa Urbanismo S.L. e que, xunto co proxecto de expropiación e os servizos arqueolóxicos, “marca o rumbo para a creación de preto de 260.000 metros cadrados de chan industrial no entorno de Fontenla e Pedras Vermella”, informaron fontes do Goberno local, engadindo que o alcalde Manuel Ruiz mantivo unha xuntanza a última hora da mañá deste 12 de xaneiro cos diferentes grupos da Corporación local a fin de explicarlles as principais características deste proxecto.

O Concello tamén informou que vai aprobar o proxecto inicialmente nos próximos días coa previsión de poder facelo definitivamente no prazo dun mes tras ser publicado e sometido a exposición pública. O rexedor tamén llo dou a coñecer con anterioridade á Asociación de Empresarios.

De acordo co estudo, o prazo de execución está establecido en 22 meses, se ben dende a Administración Municipal tentarase acurtar a un ano e medio primendo este apartado nos pregos que rexan a contratación.

En canto ao custe das parcelas, estímase en arredor de 70 €/m2. Hai que destacar ao respecto que Ribeira concede na súa condición de Concello Doing Business importantes bonificacións nas licenzas que poden alcanzar o 95% en función dos postos de traballo que se pretendan crear.

A elaboración do proxecto de urbanización foi adxudicada a Monsa Urbanismo por importe de 129.772,50 euros, IVE incluído. O traballo abarca aspectos como a execución e acondicionamento de vías públicas, aparcadoiros, saneamento, abastecemento, subministración de enerxía eléctrica e canalización de gas, sinalización, mobiliario urbano e axardinamento de espazos libres, entre outros elementos.

Cómpre lembrar que no outubro deuse outro importante paso cara a consecución do polígono coa resolución favorable do informe de impacto ambiental por parte da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.