
Galicia pecha unha campaña de pesca de nécora que pasará á historia como unha das peores da década. Capturouse menos produto, e a pesar da escaseza, que adoita servir para aumentar os prezos, resulta que estes tamén baixaron en lonxa, esborrallándose a facturación global
É certo que aínda quedan por incorporar ás estatísticas oficiais da Consellería do Medio Rural e Mar os datos correspondentes ás lonxas máis atrasadas, pero aínda así as cifras definitivas pouco van variar. Por iso é polo que ao facer balance de 2011 poida dicirse xa que se venderon algo máis de 112 toneladas de nécora por valor de 1,8 millóns de euros, sendo estes uns rexistros que están moi por baixo das marcas de 2010.
Hai que insistir en que non estará novamente dispoñible ata xullo, cando tamén poderá pescarse o bogavante, a lagosta, o conguito e o patulate, cuxa veda comeza o 30 de marzo.



