
Hoxe venres concluíu oCcampamento de de Nadal organizado polo Concello de Ribeira para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante estas vacacións escolares.
A actividade concluíu cun festival no pavillón do colexio O Grupo no que tomaron parte os cativos e cativas asistentes. A continuación a concelleira de Educación Juana Brión entregou cadanseus diplomas
aos pequenos, que tamén recibiron uns caramelos.
Informática
Hoxe tamén tivo lugar a clausura dos cursos de informática de Nadal para nenos e nenas que tiveron lugar na Aula CeMIT. Con eles tamén estivo a concelleira Juana Brión para facer entrega tamén dos seus
diplomas e felicitalos pola súa aprendizaxe.








