Unha trintena de nenos e nenas de Lousame participan no Leisure Activities in English, impartido polas voluntarias europeas

04 Xaneiro 2023

Até trinta nenos e nenas de Lousame, de 5 a 10 anos, participan estes días no programa Leisure Activities in English, unha iniciativa posta en marcha polo Concello a través do seu programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps. Trátase, a maiores, dun programa de conciliación familiar en inglés que está sendo impartido polas voluntarias europeas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas.

As clases estanse a celebrar entre o 2 e o 5 de xaneiro, en horario de 10:30 a 13:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. A iniciativa inclúe actividades de pintura, karaoke, música, xogos, cinema, teatro, creatividade, conversas… todo en inglés. Trátase da segunda edición deste programa, despois do éxito acadado polas propias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas durante este verán.

A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, sumáronse na mañá deste 4 de xaneiro á iniciativa, na que as voluntarias turcas impartiron un obradoiro de papiroflexia. “Unha boa oportunidade para practicar inglés dunha forma lúdica á vez que o pasamos ben e facemos máis amigos e amigas”, destaca Silvia Afrafojo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.