O espectáculo Tranvía Nadal recala este mércores na Carpa Solidaria de Boiro

04 Xaneiro 2023

Charo Pita e a Familia Papaventos van estar este mércores 4 de xaneiro en Boiro para ofrecer un espectáculo para a rapazada abeirado ao programa cultural do Concello neste Nadal. Será na Carpa Solidaria da praza de Galicia, a partir das 18.30 horas. Trátase da función Tranvía Nadal, que nos leva ao País do Vento e a un comboio (o Treno do Ano) que é longo e nunca para (pasa por 4 estacións, 12 meses, 52 semanas, 365 días… moito traballo para un só tren). Porén, en decembro descansa e polas súas vías da vida troupelea un tranvía, pequecho, brillante, especial, cheíño de sorpresas e agasallos. “É un tranvía que vai vestido de festa: o Tranvía Nadal”, explican Charo Pita e a Familia Papaventos, engadindo que este vehículo “garda tantas marabillas que até o sol devece por descubrilas”.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.