Os socialistas de Ribeira formularán preguntas en pleno relativas á tala de pinos en Pipín

21 Novembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

Unha serie de cuestións sobre a tala de pinos no lugar de Pipín, na parroquia de Carreira, serán presentadas polo grupo municipal do PSdeG-PSOE.

Segundo os socialistas, nestes días estase retirando madeira queimada dos montes do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, concretamente dos terreos afectados polos incendios pasados na zona de Pipín, no Vilar, na parroquia de Carreira. Deste xeito, supoñen que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, está detrás da citada fase de retirada e apuntan ao “acordo forestal para o aproveitamento da madeira queimada e para a recuperación sostible dos montes arborizados, afectados polos lumes forestais.”

O PSdeG-PSOE local precisa que a cuestión radica en que “están a cortar exemplares que están sans (neste caso pinos de bastante idade).”

Por todo o exposto, farán as seguintes preguntas: “1. Sr. alcalde, ten vostede coñecemento de que están a proceder a tala de exemplares sans, que non foron afectados polo lume, e que conforman parte do bosque, na zona do restaurante-merendeiro do Parque Natural no Vilar? 2. Cal é motivo e razón, destas talas de arbolado en bo estado, a prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ou as pragas da madeira? 3. Ou débese a especulación e mal facer da empresa adxudicataria da tala do Monte do noso Parque Natural? 4. A Dirección do Parque Natural está conforme con esta fórmula de tala?”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.