“Cinco anos de reclamación para repartir as cotas de xurelo e un paro biolóxico para máis de mil mariñeiros e armadores do cerco galegos”. Antón Luaces

27 Decembro 2022

Non é por chorar polo que se consiguen solucións aos moitos problemas que ten a pesca. Pero en Galicia foron necesarios cinco anos de saloucos permanentes para que a Consellería do Mar se dera conta da importancia que para o sector cerqueiro ten o xurelo ata chegar á campaña da xarda e o bocarte.

Foi por isto que o secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso, tocou a rebato: que se conceda un paro biolóxico temporal ata chegar a esas campañas citadas da xarda e o bocarte. Outra non hai, e os cerqueiros galegos levan cinco anos demandando esta solución que, finalmente, a UE estimou e, a remolque, tamén o fixo o Ministerio de Agricultura e Pesca e, a trancas e barrancas, a Consellería do Mar.

Formoso saiu este luns na defensa do sector do cerco de Galicia (que integran 145 barcos despois de que catro se deran de baixa definitiva nos últimos días), se ben o reparto de cotas penaliza claramente, dixo o responsable dos socialistas galegos, á pesca do xurelo “base e sustento económico do sector cerqueiro galego” do que viven directamente, afirmou, 67 barcos e máis de mil mariñeiros aos que o novo reparto “non lles da nin para pagar os mínimos custes de supervivencia económica”.

Cento corenta e cinco cerqueiros autorizados para estas pesqueiras, dos que 67, por no se poder desprazar a caladoiros máis lonxanos dos seus portos base son os máis prexudicados porque dependen en maior medida das capturas de xurelo.

Defendeu Valentín Gonzàlez Formoso o estabelecemento dun paro temporal con axudas económicas que permitan “dalgunha maneira” o sustento do sector, por máis que Europa non vía con bos ollos este tipo de axudas

Apoio a mariñeiros e armadores no tránsito entre a campaña actual, afectada pola novas cotas, e a mellora do reparto na campaña de 2024 na que xa  traballan de xeito intenso tanto o Ministerio como os representantes do sector.

Todo fai considerar que estas axudas solicitadas  polo secretario xeral do PS de G-PSOE van ser atendidas en tempo e forma, malia a tardanza en dar o “sí” ás mesmas por parte do goberno galego.-

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.