O Concello ribeirense licita a pavimentación dun camiño en Canaveiros

21 Xuño 2019

20190621. O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na mellora do firme dun camiño no lugar de Canaveiros, na parroquia de Oleiros. A vía obxecto deste proxecto rexistra hoxe en día un pavimento de aglomerado asfáltico bastante deteriorado debido, en boa parte, a que as raíces das árbores próximas invaden a calzada e producen vultos na mesma. O propósito desta obra reside en mellorar este firme coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, ademais de ampliar o ancho nalgúns tramos.

Previamente á nova pavimentación, serán limpadas as marxes e se destoconará o terreo para evitar que as raíces volvan deteriorar o pavimento.

O prazo de execución é dun mes e medio e o prezo de licitación, 54.253’91 euros, IVE incluído.

A actuación está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia segundo notificación de concesión de subvención que tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello ribeirense o 16 de maio de 2019 co número 6.924.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.