Venres con choivas intensas e temperaturas sen cambios

22 Decembro 2022

Agárdase para o venres o paso dunha fronte moi activa que se irá movendo de norte a sur co avance do día. Así, os ceos estarán nubrados con chuvascos, que serán máis intensos na provincia da Coruña, onde se rexistrarán cantidades moi significativas de precipitación. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, fortes no litoral e zonas altas.

O sábado haberá choiva intensa que diminuirá a medida que avance a tarde e a noite.

Borrasca de 975 mb ao oeste de Irlanda.

Atención para venres: Vento do sudoeste forza 7 con interavlos de 8 en mar aberto no litoral atlántico.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 6 a 7 á mañá e á tarde e 5 a 6 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 3 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar03:263.8 m
Baixamar09:400.5 m
Preamar15:533.7 m
Baixamar21:580.5 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:193.7 m
Baixamar09:320.6 m
Preamar15:463.6 m
Baixamar21:500.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar03:243.7 m
Baixamar09:360.5 m
Preamar15:503.6 m
Baixamar21:550.5 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.