Boiro acolle o 13 xaneiro un encontro galego de cetrería con relatorios, audiovisuais e exhibicións

22 Decembro 2022

A empresa Falcóns Galicia, con sede na Pobra, vén de compartir os detalles dunha relevante actividade de cetrería que se vai celebrar o vindeiro 13 de xaneiro en Boiro, organizada pola Sociedade Galega de Cetrería. Trátase duns encontros divulgativos sobre adestramento de aves que inclúen, entre outras actividades, unha exhibición de voo con falcóns no Parque da Cachada e, tamén, conferencias sobre o materia baixo o epígrafe A cetrería e a súa contribución á conservación das especies, nas que se proxectarán vídeos e faranse presentacións visuais. Serán na Casa da Cultura emprazada na Cachada, en Boiro.

Nas xornadas de cetrería abordaranse as características, costumes e hábitos en natureza dalgunhas das aves rapaces que habitan a nosa contorna. Para ilustrar todo isto, organizaranse exhibicións presenciais con aves adestradas dos integrantes da Sociedade Galega de Cetrería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.