Barbanza Arousa consegue millón e medio dos Next Generation para un plan de enogastronomía

20 Decembro 2022

A Xunta de Galicia deu luz verde á inclusión dunha ducia de proxectos, entre os que se atopa o presentado pola mancomunidade Barbanza Arousa. O programa, dotado con 34,5 millóns de euros, se financiará con cargo aos Fondos Next Generation, dos que a comarca recibirá 1,5.

O proxecto “Barbanza Arousa, viaxe a través da historia dos sabores” foi presentado pola mancomunidade e para a súa execución, o ente contará coa metade dos fondos solicitados, posto que o orzamento das actuacións previstas roldaban os tres millóns de euros.

O obxectivo do proxecto é explotar unha nova liña no territorio: a enogastronomía, mediante a posta en valor das artes de pesca e a cultura da salgadura e a conserva. Entre as intervencións previstas figura a rehabilitación dalgúns edificios, como o barrio de os cataláns na Pobra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.