O domingo 12 de febreiro vaise celebrar a X Marcha BTT Concello de Rianxo, con saída e chegada no porto da vila e que percorrerá os camiños e montes locais, entrando tamén nos dos termos municipais de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.

Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media – 50 km) e (longa – 72 km).
De xeito simultáneo á proba BTT desenvolverase a VI Andaina Concello de Rianxo, que vén cun percorrido de 20 quilómetros
Información básica a ter en conta
Domingo, 12 de febreiro de 2023
Hora: 9 a 15 h.
Saída e chegada: porto de Rianxo
Modalidade: evento deportivo non federado
Categoría: maiores 18 anos (14 a 17 anos con autorización)
Programa
8:00 h. Recollida de dorsais
9:00 h. Saída das marchas do Porto de Rianxo
11:00 h. 1º Corte – Ruta Curta 32 km.
11:45 h. 2º Corte – Ruta Media 50 km.
15:00 h. Hora estimada da chegada dos últimos participantes.
Instrucións para inscrición e prazos
Formalizar a inscrición a través de emesports.es e realizar o pagamento:
Inscrición Marcha BTT
Inscrición Andaina
15 € ata o 31 de xaneiro.
20 € a partir do 1 de febreiro e ata peche de inscricións.
Peche de inscricións: mércores 8 de febreiro ás 23:59 h.
Documentación a entregar o día da proba
Oficina organización aberta a partir das 8 h. na lonxa vella (porto de Rianxo) para retirada de dorsais e entrega de documentación.
Autorización, no caso dos menores de idade.



