Xornada de fortes ventos en Galicia con refachos de máis de 115 qm/h

18 Decembro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidenta segunda da Xunta activou para este domingo unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Os ventos foron especialmente intensos na costa. O refacho máximo na mañá do domingo rexistrouse en Vimianzo con máis de 115 quilómetros por hora.

Rexistraronse ondas de entre 5 a 6 metros de altura na Costa da Morte e nas Rías Baixas.

A profunda borrasca vén con humidade, que obtivo nos trópicos. Hai avisos por chuvia no oeste da Coruña e no suroeste de Ourense por acumulación de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, entre as seis da mañá e as 18 horas do luns.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa e recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar, así como revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Aconsella consultar as páxinas web da Central Integrada de Atención ás Emerxencias-112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.